Site icon Crónica3.com A Mariña

Nove metais para o Remo Ribadeo no Trofeo Principado de Asturias

O Club de Remo Ribadeo logra 5 ouros, 3 pratas e un bronce no Trofeo Principado de Asturias de Remo que se celebraba este sábado 14 de maio no embalse de Trasona, Corvera, coa participación de máis de 600 deportistas do norte de España.

Os ouros foron para Lucia Cotarelo en skiff e dobre scull infantil, Nerea Lago e María Díaz en dobre scull infantil, Nerea Lago, Maria Díaz, María Cociña e Cristina Lombardia en catro scull infantil e Miguel Balsa en skiff veterano.

Nerea Lago e Cristina Lombardia en doble scull cadete, Juanjo Lopez e Guillermo Astorga en doble scull cadete e Nerea Lago en skiff infantil lograban as pratas; mentres que o bronce foi para Iñaki Vila, en skiff benxamín.
“O resto de integrantes de expedición ribadense conseguiron realizar unhas excelentes regatas”, destacan dende o club.

Vilanova de Cerveira
Así mesmo, 15 días atrás, na localidade de Vilanova de Cerveira (Portugal) o Remo Ribadeo conseguía tamén dúas pratas en catro scull cadete femenino formado por María, Nerea, Cristina e María e en catro scull infantil masculino formado por Iker, Martín, Antonio e Álex.

Exit mobile version