Domingo 29 de maio de 2016, ás 17 horas desde a Praza Maior.
Roteiro pola vila de Viveiro para coñecer espazos e protagonistas
7 espazos para resumir a pegada das Irmandades en Viveiro:
1.-Praza Maior (Antiga Casa Consistorial)
2.-Rúa Constanza de Castro ( Teatro Pastor Díaz )
3.-Rúa Irmáns Vilar Ponte ( Antigo local da A.C. Sementeira )
4.-Rúa Pastor Díaz:( Casa natal de Nicomedes Pastor )
5.-Rúa Pastor Díaz: (Casa natal dos irmáns Vilar Ponte )
6.-Travesía da Marina (Lembranza de César Parapar Sueiras )
7.-Para rematar nos Xardíns de Noriega Varela onde estará o bus coa exposición itinerante.
(Guía o Roteiro Francisco Luís Rodríguez Guerreiro, presidente do Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA).
1. Comezamos este roteiro na Praza Maior de Viveiro fronte a fachada da antiga casa Consistorial onde actuará o músico David Bellas interpretando unha peza co saxofón. Desde este punto sairemos co acompañamento musical do cuarteto “Non cho digo”.
2. Imos logo a rúa Constanza de Castro, onde está o Teatro Pastor Díaz ( antes Teatro Nemesio ). Aquí o actor Pepe Penabade da compañía “Volta e Dalle” , lerá un breve texto lembrando o teatro na época das Irmandades.
3.- Na rúa Irmáns Vilar Ponte paramos diante do edificio onde nos anos 70 estivo o local da Agrupación Cultural Sementeira.
4.- Rúa Pastor Díaz. Casa natal de Nicomedes Pastor.
5. Na rúa e fronte á casa natal dos Vilar Ponte o grupo “Ensemble de Vento da Banda de Música de Viveiro” interpretará a “Alborada de Veiga”.
6.-Na Travesía da Marina, onde rexentou un comercio César Parapar Sueiras, unha neta deste home das Irmandades, Paula Naval Parapar, lembrará ao seu avó.
7.- Para rematar nos Xardíns Noriega Varela onde, desde as 11 da mañá até as 8 da tarde, estará o bus coa exposición itinerante que se poderá visitar.