Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Riotorto agarda que a Deputación cumpra o acordo do Pleno sobre o aglomerado da vía provincial LU-P-2801

A Deputación Provincial de Lugo aprobaba no pleno deste martes co voto faborable dos deputados do PP e do deputado do grupo non adscrito a moción pola que se demandaba o aglomerado en quente da vía provincial LU-P-2801 no treito Rodrigas-Augaxosa (no límite con Lourenzá). “O Grupo Provincial do PSOE abstívose”, segundo indica o rexedor riotortense, Clemente Iglesias.

Esta demanda xa realizada e aprobada por unanimidade no goberno municipal de Riotorto no pleno de abril, recibe agora o apoio da Deputacion Provincial de Lugo. “É unha boa noticia para os veciños/as de RIOTORTO xa que é unha das vías provinciais en peor estado dentro do municipio e unha das máis transitadas”.

O alcalde agradecer aos deputados que apoiaron esta moción e pide ao equipo de goberno que cumpra este acordo adoptado polo Pleno e que proceda a maior brevidade ao aglomerado desta estrada.

Exit mobile version