Site icon Crónica3.com A Mariña

O Balonmán Viveiro presenta as súas actividades para o mes de maio

II XORNADAS DO DEPORTE BASEViveiro, 11 de maio de 2016.- A actividade do Balonmán Viveiro no mes de maio é frenética, tendo os seguintes actos durante o mesmo.

– Sábado 14.- Día da Familia do Balonmán Viveiro. Trátase dun encontro con ex-xogadores e pais, que finaliza cunha cea baile.

– Días 20, 21 e 22 de maio, é o noso prato forte o Viveiro de Balonmán, que nesta edición alcanza os 300 nenos. Nenos procedentes de Galicia e Asturias, hospedaranse durante todo ese fin de semana en Viveiro para compartir novamente unhas xornadas inesquecibles.

– Venres 27 é o peche das escolas de balonmán para o presente curso que como sempre finalizan xogando ao balonmán-praia.

A presentación do Viveiro de Balonmán vai ser o vindeiro venres día 13, no concello de Viveiro ás 13,00 horas.

Exit mobile version