Site icon Crónica3.com A Mariña

O casting para o spot da Mariña Federación celebrarase o sábado 21 de maio en Burela

A Mariña, 17 de maio de 2016. O casting da Mariña Federación celebrarase o 21 de maio no hotel spa Galatea, de Burela. O colectivo prepara un anuncio para promocionar o comercio e a hostalería da comarca e busca aos protagonistas do vídeo. Ata o momento son 25 os inscritos (14 mulleres, 6 homes e 5 nen@s).

O proceso de selección dará comezo ás 10 da mañá do sábado e se fose necesario ampliarase á xornada do domingo, 22 de maio.

Aínda é posible apuntarse para participar neste casting da Mariña Federación. Os interesados poden inscribirse en castingfcam@emarela.com. A ese email deberán enviar os seus datos persoais: nome, idade, dirección, experiencia se a teñen e fotografía recente. Desde a organización sinalan que “no caso d@s nen@s é necesario que veñan cos seus pais ou titores legais, e que tamén estean presentes o día da rodaxe”.

Na Mariña Federación subliñan que “seguimos buscando xente inquieta e participativa e que teña moitas ganas de promocionar a nosa comarca e o seu sector comercial e hostaleiro”.

O anuncio da Mariña Federación rodarase na primeira quincena do próximo mes de xuño.

Exit mobile version