Site icon Crónica3.com A Mariña

O Club Kayak de Foz regresou da primeira regata da VI Copa Deputación de Lugo 2016 de piragüismo con nove medallas

100_7028Foz, 4 de maio de 2016.- O pasado domingo 1 de maio arrincou, cun mes de atraso debido á crecida do río Miño, a VI Copa Deputación de Lugo-2016 de piragüismo. Os seis clubs participantes (Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo, Altruán de ribadeo, Kaiak de Foz, CD San Ciprián e Piragüismo Viveiro) déronse cita nas instalacións da Escola de Piragüismo Lucense para disputar a segunda regata desta copa de piragüismo, primeira da tempada. Hai que sinalar que a primeira regata que se tiña que disputar o pasado 3 de abril nas instalacións do Fluvial de Lugo foi aprazada ata en 2 ocasións debido á crecida do Miño, estando fixada para o día das Letras Galegas, o próximo 17 de maio.

Dos 143 padeeiros inscritos, por unhas ou outras circunstancias só saíron á auga 114 deportistas, sendo a representación máis nutrida a dos clubs da capital: o Club Fluvial de Lugo con 46 padeeiros e o Cidade de Lugo con 26. Os 42 padeeiros restantes estaban repartidos entre os 17 do Club Kaiak, os 11 do CP Viveiro, 7 do San Ciprián e 7 do Altruán. Esta participación desigual vén sucedendo todos os anos e as razóns son obvias… Os clubs da Mariña teñen o seu máximo número de padeeiros nos meses de verán, ao contrario do que sucede cos clubs de Lugo cidade, cun número baixo de padeeiros nos meses estivais. A pesar de todo, este domingo púidose gozar dunha espléndida mañá de regatas onde desde os máis pequenos ata os veteranos mostraron as súas habilidades “piragüísticas” nas inmediacións da Escola Lucense de Piragüismo.

A regata programouse con só catro saídas coa intención de finalizar a xornada a unha hora prudente para poder celebrar, todos, esta data tan sinalada. Na primeira saída, cubrindo unha distancia de 1500 metros (unha volta a un circuíto entre o Caneiro das illas e o Arenal de Amaro), incluíronse os benjamines e alevíns, homes e mulleres; a segunda saída, con 3000 metros de percorrido (2 voltas) incluíu aos infantís, homes e mulleres; a terceira saída, cun percorrido para cubrir de 5.000 metros (3 voltas), foi a dos cadetes e xuvenís homes e cadetes, xuvenís, seniors e veteranas mulleres; e a cuarta saída foi para os seniors e veteranos homes, os cales tamén deron tres voltas ao circuíto.

Tras a disputa de todas as saídas o Club Kaiak de Foz, a pesar da súa baixa participación, ocupou un máis que merecido terceiro posto do podio mercé ás nove medallas cultivadas:

5 de ouro a cargo de: Iago García e Marta Fernández en Alevín B, María A. Fernández en Alevín A, Francisco Rubio en Infantil A e Xoel García en Cadete.
1 de prata a cargo de: Sergio Rubio en Infantil B.
3 de bronce a cargo de: Isaac Méndez en Benxamín, e Pablo López e Lida Méndez en Infantil A.

A próxima regata, se a climatoloxía non o impide, disputarase o próximo 17 de maio día das ?Letras Galegas? e estará organizada polo Club Fluvial de Lugo. Esta regata correspóndese no calendario coa Primeira Regata da VI Copa Deputación que se tería que disputar o pasado 3 de abril e que por razóns meteorolóxicas xa se tivo que aprazar en dúas ocasións.

VI Copa Deputación de Lugo-2016
2 Regata – Cidade de Lugo
Clasificacións individuais

HOME BENXAMIN K-1

1.- VICTOR DEVESA FERNANDEZ, CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO 0:10:28,4
2.- JUAN DEVESA NUÑEZ, CLUB FLUVIAL DE LUGO +0:0:51,5
3.- ISAAC MENDEZ TRIGO, CLUB KAYAK FOZ +0:1:56,97

MULLER BENXAMÍN K-1

1.- ANDREA RODRIGUEZ RODRIGUEZ, CLUB PIRAGUISMO ALTRUAN DE RIBADEO 0:12:7,9 100
2.- AÍDA FONSECA JOVER, CLUB FLUVIAL DE LUGO +0:0:45,91
3.- ALBA FERNANDEZ QUELLE, CLUB DEPORTIVO SAN CIPRIAN +0:2:16,99

HOME ALEVÍN B K-1

1.- IAGO GARCIA MARTINEZ, CLUB KAYAK FOZ 0:9:10,9
2.- CRISTIAN LAGE SALGUEIRO, CLUB DEPORTIVO SAN CIPRIAN +0:0:21,93
3.- GABRIEL GONZALEZ GONZALEZ, CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO +0:1:52,0

MULLER ALEVIN-B K-1

1.- MARTA FERNÁNDEZ MUÑOZ, CLUB KAYAK DE FOZ

HOME ALEVÍN A K-1

1.- LUCAS LOPEZ SANCHEZ, CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO 0:8:43,4
2.- IAGO CARREIRA GARCIA, CLUB FLUVIAL DE LUGO +0:0:2,4
3.- ROI BLANCO POCIÑA, CLUB FLUVIAL DE LUGO +0:0:43,4

5.- DANIEL REGO AIRA, CLUB KAYAK FOZ +0:2:25,4

MULLER ALEVIN A K-1

1.- MARÍA A. FERNANDEZ MARTINEZ, CLUB KAYAK FOZ 0:9:24,9
2.- AITANA BALBAS GARCIA, CLUB FLUVIAL DE LUGO +0:0:30,91
3.- MERCEDES FONSECA JOVER, CLUB FLUVIAL DE LUGO +0:2:3,93

HOME INFANTIL B K-1

1.- IGNACIO GONZALEZ MATILLA, CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO 0:16:52,49
2.- SERGIO RUBIO PACIOS, CLUB KAYAK FOZ +0:0:9,37
3.- NOE FERNANDEZ QUELLE, CLUB DEPORTIVO SAN CIPRIAN +0:0:27,11

MULLER INFANTIL B K-1

1.- ENMA DEVESA FERNANDEZ, CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO 0:17:22,96
2.- MARTA RODRIGUEZ VILLAMOR, CLUB FLUVIAL DE LUGO +0:0:47,44
3.- ANTÍA DOVALE RODRIGUEZ, CLUB DE PIRAGÜISMO VIVEIRO +0:1:35,62

HOME INFANTIL A K-1

1.- FRANCSICO RUBIO PACIOS, CLUB KAYAK FOZ 0:16:26,94
2.- SAMUEL QUIROGA RODRIGUEZ, CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO +0:0:16,9 90
3.- PABLO LOPEZ FERNANDEZ, CLUB KAYAK FOZ +0:1:14,36
4.- BRAIS MARTIN FRAGA, CLUB KAYAK FOZ +0:4:23,0 81

MULLER INFANTIL A K-1

1.- BÁRBARA GARGALLO MENDEZ, CLUB DEPORTIVO SAN CIPRIAN 0:17:35,28
2.- ALICIA LOPEZ BOVEDA, CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO +0:0:8,76
3.- LIDIA MENDEZ TRIGO, CLUB KAYAK FOZ +0:1:34,75

HOME CADETE K-1

1.- XOEL GARCIA NEIRA, CLUB KAYAK FOZ 0:21:20,29
2.- RAMÓN FERNANDEZ GONZALEZ, CLUB FLUVIAL DE LUGO +0:0:35,53
3.- JUAN SANTIAGO CACHARRO RIELO, CLUB FLUVIAL DE LUGO +0:0:38,58

5.- NOEL GARCIA EDROSA, CLUB KAYAK FOZ +0:1:27,17
8.- JUAN RIVAS RODRIGUEZ, CLUB KAYAK FOZ +0:3:6,90
10.- ALEXIS NAVAS PEREZ, CLUB KAYAK FOZ +0:3:17,12

MULLER CADETE K-1

1.- ALICIA LOPEZ SANCHEZ, CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO 0:26:22,51
2.- ROCÍO REIGOSA LOPEZ, CLUB PIRAGUISMO ALTRUAN DE RIBADEO +0:0:59,27
3.- SUSANA MAYOR BAL, CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO+0:1:24,42

HOME XUVENIL K-1

1.- JULIO GONZALEZ MATILLA, CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO 0:21:17,56
2.- PABLO FERNANDEZ MORADO, CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO +0:0:37,75
3.- JULIÁN ANDRÉS GRANJA HURTADO, CLUB FLUVIAL DE LUGO +0:0:43,17

10.- ANDRÉS FELIPE DE OLIVEIRA DA SILVA, CLUB KAYAK FOZ +0:6:17,21
13.- JESÚS ALARCON MARTINEZ, CLUB KAYAK FOZ +0:9:23,41

MULLER XUVENIL K-1

1.- MARÍA LANCHO LAVILLA, CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO 0:24:23,63
2.- CARMEN VILLAR VARELA, CLUB FLUVIAL DE LUGO +0:0:20,30
3.- LUCÍA VALIÑA SEIJAS, CLUB FLUVIAL DE LUGO +0:0:34,25

HOME SENIOR K-1

1.- MARCOS ILLANES RODRIGUEZ, CLUB DE PIRAGÜISMO VIVEIRO 0:20:45,46
2.- JAVIER ILLANES RODRIGUEZ, CLUB DE PIRAGÜISMO VIVEIRO +0:0:1,14
3.- MIGUEL MARTINEZ QUIROGA, CLUB FLUVIAL DE LUGO +0:0:5,8

15.- XOAN GARCIA MARTINEZ, CLUB KAYAK FOZ +0:5:18,99

MULLER SENIOR K-1

1.- TANIA FERNANDEZ GARCIA, CLUB FLUVIAL DE LUGO 0:22:33,48
2.- SABELA CASTRO MARTINEZ, CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO +0:2:46,65
3.- JESSICA PENELA FERNANDEZ, CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO +0:4:32,31

HOME VETERANO K-1

1.- ALBERTO PIGUEIRAS LEAL, CLUB DE PIRAGÜISMO VIVEIRO 0:21:1,69
2.- ULISES DIEGUEZ ARANDA, CLUB FLUVIAL DE LUGO +0:0:46,99
3.- RAUL CEDRON VILAR, CLUB PIRAGUISMO ALTRUAN DE RIBADEO +0:0:48,22

6.- RAMÓN LANZOS PIÑEIROA, CLUB KAYAK FOZ +0:1:25,56

MULLER VETERANO K-1

1.- AÍDA JOVER RAMOS, CLUB FLUVIAL DE LUGO 0:30:55,99

VI Copa Deputación de Lugo-2016
2 Regata – Cidade de Lugo
Clasificación por Clubs.

1.- CLUB FLUVIAL DE LUGO, 2410 puntos
2.- CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO, 1615 puntos
3.- CLUB KAYAK FOZ, 1042 puntos
4.- CLUB DE PIRAGÜISMO VIVEIRO, 573 puntos
5.- CLUB DEPORTIVO SAN CIPRIAN, 519 puntos
6.- CLUB PIRAGUISMO ALTRUAN DE RIBADEO, 414 puntos

Exit mobile version