Site icon Crónica3.com A Mariña

O Desafío Volta a Lugo Chega a Sarria

IMG_20160521_112830Lugo, 21 de maio de 2016.- Antonio Veiga, Deputado- delegado da Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos e Deporte, xunto cos concelleiros de Muras, Belén Chao e Mario Rouco e o presidente do Club Ciclista Cidade de Lugo, deron a saída a segunda etapa do Desafío Volta a Lugo, non puido acompañalos no inicio da xornada o alcalde de Muras e tamén participante da proba, Manuel Requeijo, logo de sufrir na primeira etapa, a que enlazaba Lugo e Muras, unha caída que lle ocasionaría unha fractura de clavícula, motivo polo cal tamén pon punto e final a súa participación neste evento non competitivo.

A segunda etapa do Desafío Volta a Lugo comunica os concellos de Muros con Sarria, logo de percorrer 117,3 quilómetros, atravesar as comarcas da Terra Chá e Lugo, subir un porto de 2ª categoría, o Monte Cubeiro e superar os participantes un desnivel positivo de 990 metros.

Exit mobile version