Site icon Crónica3.com A Mariña

O GMP de Burela acusa ó alcalde de “tentar colocar a un recoñecido socialista como xuiz de paz”

Burela, 25 de maio de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do concello de Burela acusou este mércores ó alcalde de “andar argallando para ver se coloca como xuiz de paz a un recoñecido militante do PSOE, co fin de controlar o xulgado para usalo como ferramenta política de crítica ó goberno da Xunta e ó probable goberno do PP en Madrid; deste xeito, este recoñecido socialista actuaría coma se de un comisario político se tratase”.

O GMP alerta que no pleno de “mañán, xoves, pode consumarse esta tropelía, dado que todo apunta a que o PSOE podería votar polo candidato que hasta o momento semella segue sendo afiliado socialista, D. José Pedro Chao Polo. Hai que lembrar que a norma legal aplicable indica que os xuices de paz ‘non poden pertencer a ningún partido ou sindicato’”.

Desde o GMP indican que “hai tres candidatos para ocupar o posto de xuiz de paz. Dos tres aspirantes, dous (o terceiro non conta con esa titulación) teñen titulación académica equivalente a diplomados universitarios, anque un deles acredita xunta coa solicitude experiencia no posto de xuiz de paz e mesmo tén realizado xornadas técnicas sobre o posto a desempeñar. O outro aspirante, o Sr. Chao, non acredita nin esa experiencia nin esa formación, pero sí tén ocupado cargos orgánicos e institucionáis como membro do PSOE, algo que é coñecido por toda a cidadanía”.

Os populares entenden que “partindo da premisa de que nós non temos nada personal contra ninguén, non é ético que unha persoa tan fortemente vencellada a un partido político se postule para este cargo: non importa que deixe a militancia cando o nomeen, ou que a tivera deixado cando presentou a solicitude; ainda que eso teña acontecido, cousa que dubiamos, o certo é que sempre terá a condición de membro activo do PSOE. E ademáis non é estético, non é nada presentable que un alcalde e un goberno municipal poidan actuar deste xeito, cando o propio alcalde debería ser o primeiro en optar pola experiencia e pola cualificación. Todo apunta a que non vai ser así, dado que o propio alcalde manifestou este luns na correspondente comisión informativa que ‘había que pelexar contra os recortes que estaba habendo nos xulgados de paz’, esquecendo que a lei está para cumplila”.

Os populares consideran “extremadamente grave que un partido político se preste a estes amaños que demostran hasta qué punto o PSOE é un partido caciquil, totalitario e corruptor das institucións. Si aplican nos concellos o sistema das ‘portas xiratorias’, e se se son capaces de atentar contra a independencia xudicial, xa podemos imaxinarnos do que son capaces de facer nos gobernos da Xunta ou do Estado”.

O GMP remata indicando que “se teñen a tentación de facer este desaguisado, ainda están a tempo de enmendalo”.

Exit mobile version