Site icon Crónica3.com A Mariña

O GMP de Burela acusa ó goberno local de “coaccionar ás asociacións para que colaboren co Concello”

Burela, 13 de maio de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do concello de Burela acusou este venres ó alcalde e ó concelleiro de Cultura de “querer que os colectivos e asociacións lles faigan o traballo sucio que desde o goberno municipal son incapaces de facer; estase facendo un auténtico acoso ós colectivos e asociacións para que estes entren polo aro e sigan as directrices do alcalde e do concelleiro: así terán subvencións municipales, pero se non se prestan a axudar a subvención do concello pode ser cero euros”.

Desde o GMP manifestan que “así hai que entender o correo electrónico que enviou o concelleiro de Cultura a asociacións e colectivos: neste correo, pide axuda para a confección da alfombra floral; hasta aquí, podemos estar de acordo. Ademáis de pedir colaboración para a venda de lotería de Nadal, no que xa non estamos tanto de acordo, hai unha PD, que di literalmente ‘Como moitos/as de vós xa saberedes na subvención a asociacións
culturais de este ano unha das cousas que puntuarán será calquera colaboración con este Concellaría e/ou coa comisión de festas’, e que nos parece absolutamente impresentable que un concelleiro de Cultura remita un correo en términos semellantes.”

Para os populares, “ésta é unha forma de chantaxear ás asociacións e colectivos, decíndolles que se axudan terán subvención, e que se non axudan non a terán. Esta forma de facer política asociativa é caciquil, porque o concelleiro de Cultura ‘ordena e manda’ e demostra que será él quen decida sobre as subvencións. É clientelar, porque pretende que as asociacións e colectivos se pleguen ós dictados do concelleiro de Cultura. E tamén é corrupta, porque vai ‘premiar’ económicamente a quen lle axude, e deixará sen nada a colectivos que traballan arreo pero que por motivos diversos non poden colaborar co concello, e porque demostra hasta qué punto se corrompe a actuación política dun responsable municipal que debería ter como norma gardar as máis exquisitas formas coas asociacións e colectivos e alonxarse de actitudes totalitarias”.

Desde o GMP, que lembran que “nunca, desde os gobernos municipales do PP, se teñen mandado correos con semellantes coaccións”, consideran que “xa temos advertido que a política de subvencións do goberno socialista sería un absoluto engano, porque usarían o réxime de concurrencia competitiva para introducir uns requisitos que farán que a concesión das subvencións sexa máis subxectiva ca nunca”.

Finalmente, os populares manifestan que “a política de subvencións, ademáis de clientelar e caciquil, é absolutamente discriminatoria, xa que gran parte do montante económico para subvencións a asociacións xa se fixou con carácter nominativo nos presupostos para este ano, eso sí, sin dar ningún tipo de explicación e sin presentar ningunha memoria xustificativa do porqué desta concesión por parte do goberno municipal. As migaxas, aproximadamente 40.000’00€, quedan para o resto de asociacións, que por riba van ver cómo se premia ás que colaboran co concello e cómo as que non o fan, polos motivos que sexa, non terán aportación económica municipal”.

Exit mobile version