Site icon Crónica3.com A Mariña

O GMP de Burela afirma que este luns se deu outro importante paso adiante na ampliación do Hospital

Burela, a 3 de maio de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do concello de Burela manifestou este martes a súa “satisfacción polo novo paso adiante que onte se deu de cara á ampliación do Hospital, obra demandada e necesaria, pero na que uns traballamos máis ca outros”.

Os populares afirman que “os estudios xeotécnicos que se están a levar a cabo son imprescindibles de cara a evitar ou alomenos minimizar os problemas que se poidan derivar da cimentación, e son obrigatorios para pechar o proxecto da obra, obra que na súa primeira fase contempla un investimento de 12’8M€, 24 novas habitacións, outras 30 reformadas, 11 consultas externas máis, e 8 gabinetes de exploración máis cós actuáis, entre outras actuacións como o novo aparcamento”.

Ademáis, engaden que “concretar xa o inicio das obras, agosto/setembro do presente ano, reafirma a seguridade que a cidadanía tiña de cara a ver a ampliación feita unha realidade”.

Para o GMP “esta é a forma na que se visualiza o cumplimento dos compromisos do presidente Núñez Feijoo e do PP con Burela, dado que se van cumplindo os pasos anunciados no seu día polo propio Núñez Feijoo no propio Hospital ante os traballadores sanitarios e representantes de toda a comarca”.

Desde o PP lembran que “a única ampliación que se fixo hasta agora, fíxose con Manuel Fraga de presidente da Xunta e cun goberno do PP no concello de Burela”.

Os populares lembran que “para conseguir a ampliación do Hospital, uns traballamos máis ca outros, uns fixemos e facemos o que hai que facer, e outros, coma o actual alcalde de Burela, nunca fixeron nada, agás protestar. Uns, coma o actual alcalde burelés, anunciaron hai dez anos investimentos que nunca chegaron, e outros anunciamos prazos e investimentos que agora vese que se cumplen. Uns, coma o actual alcalde de Burela, levan anos decindo que a ampliación nunca se faría realidade e que mesmo se desmantelaría o Hospital, e outros traballábamos para incorporar servivios como Oncoloxía ou Hospitalización a domicilio. Uns, coma o actual alcalde de Burela, votaban en contra do PXOM de Burela, e outros loitábamos por sacar adiante o PXOM de Burela porque gracias a este documento, gracias ó PXOM, e reiteramos esto unha vez máis, é posible a ampliación do Hospital. Uns, coma o actual alcalde de Burela, volven co conto da xerencia integrada, e outros apostamos desde sempre por garantir a sanidade pública e aumentar servicios”.

Finalmente, “resulta patético que o actual alcalde de Burela, que non moveu un dedo pola ampliación do Hospital, se queira apuntar o tanto e diga que o concello non vai poñer trabas. Solo faltaría, porque non pode poñer ningunha, dado que todas as que había quedaron resoltas coa aprobación definitiva do PXOM, que o PSOE e o BNG votaron en contra, sabendo que da aprobación do PXOM dependía o futuro do Hospital”.

Exit mobile version