Site icon Crónica3.com A Mariña

O GMP dille ó concelleiro de Turismo “que traballe para que Burela conte con dez socorristas para o verán”

Burela, 27 de maio de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do concello de Burela indicoulle este venres ó concelleiro de Turismo burelés que “non se ande laiando co número de socorristas e que faiga o que tén que facer, abrir un proceso para a contratación de outros dous socorristas máis, ou pedirlle unha axuda ó bipartito amigo da Deputación, para que as praias do concello conten este verán con dez socorristas”.

Os populares manifestan que “o concelleiro de Turismo é mui dado a sair nas fotos presentando vídeos e roll ups, a facer viaxes cuasivacacionáis á conta do concello, pero ainda non fixo nada que se poida decir que pague a pena. Eso sí, quéixase día sí e día tamén”.

Por eso, “desde o GMP pedímoslle que se deixe de monsergas e busque solución para que Burela conte con dez socorristas. Por si non o sabe, dirémoslle que os socorristas son persoal de seguridade das praias, e que tal seguridade depende do concello; polo tanto, como responsable do servicio que arbitre as medidas oportunas ben a través do concello, ben a través da Deputación, para contar con dez socorristas, xa que pretender que a Xunta sexa ‘o pagafantas’ e o pague todo demostra moita insensatez”.

“E se non os dá conseguido, que aplique o sentido común, que pense un pouco, e organice ben os horarios e os turnos, porque o ano pasado foron un auténtico desastre”, manifestan os populares.

Exit mobile version