Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Municipal Socialista de Foz rexistrou o venres as propostas para os orzamentos do 2016: beirarrúas na carretera do cemiterio

Foz, 9 de maio de 2016.- O grupo municipal socialista de Foz rexistrou o venres as propostas para os orzamentos do 2016 recollendo as peticións das Asociacións de veciños, culturais, demais colectivos e veciñanza en xeral.

A gran aposta do partido socialista é a construción das beirarrúas na carretera do cemiterio, como obra fundamental para estes orzamentos. A perigosidade desta estrada é evidente, numeroso tránsito de persoas e de vehículos e a futura semipeatonalización da Avda. Álvaro Cunqueiro e Avda. da Mariña que suporá un aumento de transito, fai imprescindible este proxecto.

Propuxemos arranxos de viais e camiños das distintas parroquias que conforman o noso Concello, así como pequenas obras, que non son tan pequenas para os veciños que as solicitan, por exemplo a construción duns vestiarios no Centro social “O Castro” de Vilaronte.

Destacamos, por ser peticións veciñais moi reinvindicadas , e non sen polémica, a colocación duns bolardos na Praza Conde de Fontao para regular o paso dos residentes. Así como unha dotación orzamentaria para cambiar a localización da marquesiña de San Acisclo.

Con relación as obras contratadas polo Concello ,na memoria dos presupostos, se debe recoller: que as obras contratadas deberán saír a concurso ou en todo caso ofertaranse en aberto a tres empresas do sector. Cuestión importante, para asegurar a transparencia e o reparto equitativo dos recursos públicos.

Propoñemos un aumento nas subvencións para as diferentes asociacións, pola gran labor que realizan: participan, colaboran e en moitos casos organizan gran parte da actividade social, cultural e deportiva do noso Concello.
Queremos solucionar os problemas actuais da Asociación Asistencial Protectora de Animales de Foz en canto a instalacións axeitadas e dar cumprimento á lexislación vixente na materia (que claramente o equipo de goberno do PP de Foz vulnera) por iso pedimos se consigne nos orzamentos de 2016 unha cantidade de 15.000€ para a súa construción. Nos orzamentos do ano 2015 aparecía unha partida de 10.000€ que a día de hoxe, como tantas outras cousas, quedaron esquecidas para o equipo de goberno do PP de Foz.

Cremos na necesidade de dotar adecuadamente á Escola de Música. Temos que recordar que na sesión plenaria do 03 de setembro de 2015, e por unanimidade da Corporación, se decidiu crear unha comisión que tiña como obxectivo estudar o proxecto presentado pola ANPA e o equipo docente así como decidir a dotación orzamentaria, pero a día de hoxe o Sr. Alcalde non tivo a ben convocala, por iso o PSOE fai unha proposta de 20.000 € analizado o proxecto e asesorados polo equipo docente.

Exit mobile version