Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Provincial do PP urxe ao bipartito na Deputación a revolver as reclamacións sobre os Presupostos, cuxo prazo remata o 19 de maio

Lugo, 3 de maio de 2016.- O Grupo Provincial do PP urxe ao bipartito na Deputación a revolver as reclamacións sobre os Presupostos, cuxo prazo remata o vindeiro 19 de maio. O PP presentou en tempo e prazo as súas reclamacións nas que se demanda que o bipartito se pronuncie sobre as emendas feitas aos Presupostos para o ano 2016 e que o Señor Campos se negou a debater no Pleno.

Os populares manteñen que pedirán un pleno extraordinario se o bipartito que goberna a Deputación de Lugo non somete os Presupostos e o Plan de Obras e Servizos a aprobación, como así avanzaron hai unha semana.
A voceira do PP, Elena Candia, afirma que a Deputación segue paralizada pola “incapacidade” de PSOE e BNG de poñerse a traballar por esta provincia. Recorda que a de Lugo é a única institución provincial da Comunidade que non ten os Orzamentos aprobados para este exercicio.

A popular precisa que ter presentado unha reclamación non paraliza os presupostos, porque as alegacións son achegas a parte das contas, polo que asegura que os únicos responsables da parálise da Deputación de Lugo son o PSOE e o BNG. “Que non queiran enganar aos cidadáns, son eles os que non están a traballar por esta provincia e por iso imos forzar cos instrumentos que temos ao noso alcance que isto non siga así”, conclúe.

Exit mobile version