Site icon Crónica3.com A Mariña

O mozo mariñán Diego Campo presidirá o Congreso Provincial de Novas Xeracións

Lugo, 11 de maio de 2016.- O mozo mariñán Diego Campo será o encargado de presidir a Mesa do VIII Congreso Extraordinario Provincial de Novas Xeracións, tal e como o deu a coñecer na mañá deste mércores o presidente da Comisión Organizadora, Fernando Carreiras.

Diego Campo é de Cervo e preside na actualidade a Escola de Formación Manuel Fraga, un proxecto unido a organización de Novas Xeracións de Lugo; ademais de que ocupou diferentes cargos na formación político xuvenil, como foron o de coordinador comarcal da Mariña ou o de vicesecretario territorial.

Xunto a Diego Campo, integrarán a Mesa do Congreso o edil de Mondoñedo, Alberto García, como secretario; a vicepresidenta será a lucense Mar Carballas e os vogais serán Hugo Criado (Vilalba), Sandra Anido (Monforte) e Sofía Pérez (Sober).

O presidente da Comisión Organizadora do VIII Congreso Extraordinario Provincial de Novas Xeracións tamén informa de que está aberto ata este xoves 12 de maio, ás 20:00 horas, o prazo para a presentación de emendas por parte dos compromisarios ao relatorio, que leva por título Todos Facemos Provincia, e que foi elaborado polos mozos Aitor López Anello e Cati Pita Criado.

Por último, Fernando Carreiras lembra que a cita congresual se celebrará este sábado, 14 de maio, na localidade de Monforte de Lemos, sendo a única candidata oficial á presidencia de Novas Xeracións de Lugo a quiroguesa Rosa Arza.

Exit mobile version