Site icon Crónica3.com A Mariña

O Partido Popular pregunta polas vacantes da Policía Local de Viveiro

Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.

Entre os decretos que se achegaban ó Pleno do pasado 4 de maio de 2016, figuraban dous nos que se aboaban ó Inspector Principal da Policía Local de Viveiro 500 euros –por cada mes – en concepto de gratificación polos servizos extraordinarios realizados en febreiro e marzo.

As razóns que xustificaban ditos pagos parecennos un pouco peregrinas, xa que entre outras aducíase a excesiva carga de traballo, cando si mal non recordamos tense nombrado por decreto da alcaldía e a petición do propio Inspector Principal un segundo coordinador – xa tiñamos un oficial en funcións – para que axude nas funcións de mando da policía, polo tanto non se entende moi ben este segundo nombramento e que o Inspector Principal siga tendo que supervisar todo e se teña que exceder no horario establecido. Somos conscientes de quen ten que supervisar é o Inspector Principal, pero por esa función xa cobra os complementos correspondientes na súa nómina habitual.

Falase da falta de policías, pero non se cubre ningunha das cinco vacantes existentes, a pesares que dende o noso grupo temolo solicitado en innumerables ocasións. Por si esto fora pouco, hai uns días esta alcaldía autorizaba a marcha en comisión de servizos ó veciño Concello de Foz dunha policía local da xa menguada plantilla do noso concello – tal e como nolo confirmaba o Alcalde deste Concello – . Da a impresión de que interesa que cada vez haxa menos policías para que así algúns se poidan beneficiar dun aumento significativo nas súas nóminas mensuais – cabe recordar aquí que o noso grupo xa denunciara noutras ocasións o abultado cobro dos mandos policiais por conceptos de noites, festivos e demáis que nalgúns casos superaban os seis mil euros semestrais -.

Sinalase así mesmo que o Inspector Principal é o instrutor dos procedimentos sancionadores relacionados coa Policía Local, cando o noso grupo ten constatado que isto non é así, xa que no asunto das abundantes multas que pon a Policía Local, figura como instructora en moitos destes expedientes unha traballadora do Concello que nin siquiera é funcionara tal e como establecen o Estatuto Básico do Empregado Público no seu artigo 9.3 e a Lei de Bases do Rexime Local no seu artigo 92.3.

O certo é que a outros traballadores se lles plantea a dificultade para levar a cabo unha equiparación dos seus salarios máis baixos nunha nova RPT decíndolles que non hai cartos, namentres que a outros se lles regalan alegremente estes suplementos e en todos os casos coincidindo con traballadores que xa teñen nóminas elevadas por pertenecer os grupos A e B.

Por todas estas razóns e polo que lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:

1. Cales son as función que teñen encomendadas os dous coordinadores adscritos ó mando da Policía Local?
2. Teñen pensado cubrir algunha vacante das existentes neste ano 2016?
3. Teñen pensado seguirlle pagando este suplemento de 500 euros ó Inspector Principal durante máis tempo?
4. Algún dos outros coordinadores adscritos o mando da Policía Local cobra complementos similares?
5. Si a resposta anterior é negativa, que tipo de remuneracións específicas teñen estes coordinadores para as funcións que se lles encomendaron?

Exit mobile version