Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro pregunta pola descarga de aglomerado en Verxeles e o estado da ponte de Chaos

Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondente resposta, ben sexa oral ou por escrito.

1º) Varios veciños nos comunicaron que camións da Deputación Provincial de Lugo, descargan aglomerado en frío dentro do recinto da antigua feira en Verxeles – de propiedade municipal – así como que outros camións da empresa Ferrovial cargan dito aglomerado para levalo a outro destino que según parece ser é a Coruña. Este feito de ser certo, causanos certa extrañeza xa que no noso Concello hai suficientes pistas e estradas das parroquias en mal estado donde poder usar dito aglomerado. Por esta razón lle PREGUNTAMOS ó Goberno Local:

a) Que ten de certa esta información que nos fan chegar algún veciños?
b) No caso de ser certo, por que a totalidade do aglomerado en frío non se usa nas tan necesitadas pistas e estradas do noso Concello?

2º) Veciños de Chavín nos fixeron chegar as súas queixas pola situación que siguen padecendo na extrada LU -161 de Landrove –Valadouro o seu paso por esta parroquia, tanto pola estreitez e deterioro da Ponte de Chaos situada sobre o río Valcarría, como pola falta de beirarrúas a ambos lados da estrada, tan necesarias como mínimo , desde o alto de Naseiro ata pasar a fábrica de Vestas . Por esta razón lle PREGUNTAMOS ó Goberno Local:

a) Fixeron algunha xestión coa administración correspondiente para acometer ditas obras?
b) En caso afirmativo, cales foron os resultados ao día de hoxe?

Exit mobile version