1º) Algúns veciños de Magazos e outros viandantes fixeronos chegar, unha vez máis, as queixas sobre o mal estado no que se atopan as beirarrúas a ambos lados da estrada xeral LU-540, dende a curva de Xunqueira ata o Km 2 en Magazos. Aínda que se fixeron algunhas reparacións nelas a petición do noso grupo municipal, está claro que resultan insuficientes dadas as necesidades existentes. Por este motivo lle ROGAMOS ó equipo do Goberno Local que mellore no posible estas beirarrúas, asi como se teña en conta en futuras obras a prolongación das mesma a ambos lados da estrada , ata a Rúa Nova, xa que esto redundaría en beneficio dos veciños dos distintos barrios de Magazos, ó mesmo tempo que aumentaría a seguridade para todos os peatóns.
2º ) Pistas, camiños e rúas de acceso a vivendas das distintas parroquias do noso Concello presentan abundante maleza e moitas delas con fochancas. Por outra banda algunhas pistas de competencia provincial tamén presentan abundante maleza a ambos lados das estradas, incluindo as cunetas por donde discurre a auga da choiva. Por estes motivos ROGAMOS ó Goberno Local que antes da chegada do verán se reparen e se desbroce a maleza das pistas que son de competencia local e se solicite á Diputación Provincial que acometa os traballos de desbroce e limpeza de cunetas das súas estradas dentro do noso Concello.
3º ) Na rúa Grande de Celeiro a altura do nº 136 (Catro Camiños) atopamos o cruce desta rúa coa estrada LU-862 Viveiro–Ribadeo, cruce que está regulado por semáforo, pero onde o paso cebra se encontra sin pintar. Por este motivo lle ROGAMOS á Sra. Alcaldesa que se pinte dito paso cebra para a mellora da seguridade vial neste punto.