Site icon Crónica3.com A Mariña

O Presidente da Deputación reivindica en ATEGAL que “envellecer con calidade depende de todas as administracións”

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou este mércores no XXVII Encontro de Aulas da Terceira Idade de Galicia, que tivo lugar no Círculo das Artes, na capital luguesa. Estivo acompañado pola Alcaldesa, Lara Méndez; ademais do Presidente de ATEGAL , Rafael Romero e a coordinadora en Lugo Conchita Pintos, así como centos de membros deste colectivo.

Facendo alusión ao slogan deste encontro, que di “cumprir anos é inevitable, saber envellecer depende de min”; Campos Conde engadiu e reivindicou que “envellecer con calidade depende de todas as administracións”.

O Presidente sinalou que “cada un de nós estamos onde estamos, temos o que temos, grazas ao esforzo dos nosos maiores. Sexamos nós agora os que nos esforcemos para poder envellecer con calidade. Debémosvolo”.

“A sociedade nunca será xusta e equilibrada se non favorecemos a felicidade dos nos maiores, que na provincia de Lugo representan o 30% da poboación, ofrecéndolles os servizos que necesitan preto das súas casas”. O Presidente destacou o traballo que desempeña a Deputación baixo esta premisa, como a construción de residencias e centros de día públicos nos Concellos; as accións formativas sobre novas tecnoloxías que o InLugo achega a maiores de todos os municipios, ou as axudas económicas directas para prestacións socias ou para promover a actividade de colectivos como ATEGAL”.

Exit mobile version