Site icon Crónica3.com A Mariña

O proxecto sobre as emocións dunha nena con Síndrome de Asperger desenvolvido en Lourenzá

Lourenzá, 3 de maio de 2016.- Sara Villalba (Lourenzá) foi a estudante de Educación Social da USC encargada de por en marcha un proxecto sobre as emocións cunha nena do concello con Síndrome de Asperger, Elena Yin. Este proxecto está encadrado dentro da asignatura de Acción Socioeducativa nas Discapacidades supervisado pola profesora Yesshenia Vilas Merelas e busca mellorar a autoestima e autonomía a través do coñecemento das emocións.

A acción levouse a cabo as fins de semana xa que Sara se atopa en Santiago realizando os seus estudos e cada sábado que volvía a casa ía buscar a Elena para desempeñar unha nova actividade do proxecto. As actividades desenvoltas foron moi diversas: musicoterapia, fichas didácticas sobre as diferentes expresións emocionais, tests proxectivos ou incluso deporte.

O desenvolvemento de dito proxecto transcurriu sen dificultades xa as dúas se coñecen dende sempre por vivir a escasos metros unha da outra, a confianza xa existente facilitou o proceso.

“Lévome sensacións moi boas despois destas semanas. Aínda que o obxectivo era contribuír eu na súa vida, Elena conseguiu meterse na miña para facerme medrar”, explica Sara.

A través dun blog deseñado pola futura Educadora Social, explícanse as actividades que se realizaron durante estes días e despois do día 19 pode visualizarse un video final explicando todo o proceso.

http://dicapacidad-con-elena.blogspot.es/

Exit mobile version