Site icon Crónica3.com A Mariña

O “Ribadeo de tapeo” afronta a súa recta final este fin de semana coa novidade dos Cantos de Taberna

Ribadeo, 27 de maio de 2016.- O Ribadeo de Tapeo afronta a súa recta final este fin de semana coa novidade dos Cantos de Taberna, que terán lugar esta noite de venres nunha trintena dos locais participantes. O alcalde, Fernando Suárez, anima a saborear as propostas elaboradas por bares, mesóns e restaurantes da vila e das parroquias.

O rexedor salientou que “agora encarando xa a recta final desta nova edición do Ribadeo de Tapeo, onde máis de 50 participantes, cincuenta establecementos da vila e tamén das parroquias, vólvenlle dar a Ribadeo unha vez máis un punto singular de atención no mapa de toda a Mariña e do occidente asturiano para que a xente puidese vir durante todos estes días”.

Suárez Barcia dixo que “as semanas sempre son un pouco máis baixas, agora sen dúbida enfocamos esta fin de semana, o venres, o sábado e o domingo, que van ser os días fortísimos, como sempre, onde todo o mundo quere aproveitar por facer o máximo de ruta posible, para participar nesa serie de sorteos que temos, os que fan todos, os que fan unha parte, etc…, e onde poidan ir degustando as tapas con estes nomes tan suxestivos que fan as delicias dos participantes”.

O rexedor ribadense subliñou que “este ano a singularidade tamén estivo cos Cantos de Taberna, que nesta noitiña de hoxe venres estarán en máis de trinta establecementos con máis se sesenta persoas actuando e que sen dúbida vai poñer a Ribadeo de referencia outra vez”.

O alcalde anima “a todos aos que non o fixeron aínda, aos que fixeron algunhas, pero lles quedan moitas máis, a que aproveiten este venres, este sábado e este domingo para estar falando, para estar cos amigos departindo cun viño e como non cunhas tapas deste Ribadeo de Tapeo”.

Exit mobile version