Site icon Crónica3.com A Mariña

O viveirense Cristóbal Rodríguez inaugura as V Xornadas Formativas Academia IMDECUM

O pentatleta viveirense Cristóbal Rodríguez abrirá mañá as V Xornadas Formativas Academia Imdecum baixo o título “Estudos e Deporte de Elite”. O mariñán, que entrou a formar parte do equipo nacional de Pentatlón Moderno en 2006, falará da súa formación no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, dende onde está pelexando para os Xogos Olímpicos de Rio de Janeiro 2016.

Aos seus 25 anos, Cristóbal, que comezou a practicar deporte por consello médico, tras serlle diagnosticada asma bronquial, posúe un impoñente palmarés: campión de Europa de Biatlón, Equipos Nacionais 2006; Bronce Relevo Mixto Campionato de Europa 2009; tres veces campión de España Absoluto; 13 medallas en Campionato de España; 7 anos consecutivos alcanzado el podium no Campionato de España Absoluto; récord Nacional Absoluto; récord Nacional en Relevo Mixto; e récord Galego Cadete, Xuvenil, Junior e Absoluto.

Xoves 19 de maio
“Estudos e Deporte de Elite”
IES Monte Castelo (Aula de Usos Múltiples), ás 17:00 h.
D. Cristóbal Rodríguez Fidalgo (Pentatleta membro do equipo nacional español)

Xoves 26 de maio
“Preparación dun corredor afeccionado”
IES Monte Castelo (Aula de Usos Múltiples), ás 17:00 h.
D. Simón González Río (Atleta corredor de maratóns)

Xoves 2 de xuño
“A Pesca como Deporte de Elite”
IES Monte Castelo (Aula de Usos Múltiples), ás 17:00 h.
D. David Arcay Fernández (Bicampión do mundo de pesca a mosca)

Exit mobile version