Site icon Crónica3.com A Mariña

Os benxamíns laranxas, na final do Campionato Galego

O conxunto benxamín da ED Burela FS disputará o Campionato Galego este domingo en Verín despois de proclamarse campión provincial a fin de semana pasada, impoñéndose a Chantada (3-7) en semifinais e AD Santiago de Foz (2-2) na final, por penaltis.

As promesas laranxas mediranse ao campión da Coruña, O Parrulo FS (12.15 horas, pavillón municipal) en semifinais. O outro candidato ao título decidirase entre Áncora D’Ouro, campión de Pontevedra, e O Carballiño FS, vencedor en Ourense (11.00 horas). A final está programada para as 18.15 horas.

Exit mobile version