Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas denuncian o “absoluto abandono” do minicriadoiro de bivalvos O Vicedo polo goberno galego

IMG-20160315-WA0010Santiago de Compostela, 18 de maio de 2016.- O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, denunciou este mércores o “absoluto abandono e desinterese” amosado polo Goberno galego ao minicriadoiro de bivalvos de O Vicedo. Val presentou unha pregunta na Comisión de Pesca polo precario estado dunhas instalacións nas que “non hai absolutamente nada”.

Criticou que o goberno galego teña encargado a xestión deste recurso ao capataz da Confraría de Celeiro e ao biólogo da Confraría de O Vicedo, que “o único que fan é ir a un pantalán a levantar unha corda na que está adherida a semente” e entregárllela “a unha confraría ou a outra”.

Lembrou que as instalacións foron postas en marcha en 2003 cun investimento de 200.000 euros “supostamente co obxectivo de investigación e surtir de semente ás confrarías de A Mariña e Ortegal.

Val lamentou que a situación deste minicriadoiro constitúe “o mellor exemplo da nula aposta do goberno galego polo sector marisqueiro de Galicia, que leva anos vivindo unha situación preocupante”. Sinalou que o goberno galego ten deixado “meridianamente claro” que “non pretenden apostar a curto prazo por as instalacións” de cultivo de bivalvos.

O parlamentario socialista amosou o seu “asombro” pola resposta do goberno galego, que hoxe asegurou que estas instalacións “non foran concibidas para surtir de semente de moluscos bivalvos” ás confrarías galegas. Sinalou que no próximo Pleno do Parlamento o propio PP vai levar unha proposta para “reactivar a produción de semente de moluscos bivalvos, co que “demostran que ou ben non saben ou tentan enganar á xente”.

Minicriadoiro do Vicedo, menor que o de Camariñas
03 200.000 €, finalidade ademais de investigación surtir de semente a confrarías de Mariña e Ortegal, e resto do país

Lonxe de pretensións, imaxes situación actual, estado abandono total e absoluto, a pesares de que 8 marzo PP dixo que desenvolvendo actividade pleno rendemento e persoal contratado para levar a cabo funcións

Quén mentiu naquel momento, GPS constancia situación abandono ou voceiro de PP non acertado dicindo que persoal contratado desenvolvendo actividade

Vir ao Parlamento dicir cousas falsas evidencia onde está cada un

Cal é o estado actual minicriadoiro O Viocedo, existe persoal que desenvolva accións, utilizar instalacións de xeito correcto, cal vai ser futuro desta instalación

Na Mariña non existe potencial marisqueiro, se existira vontade política hai rías e zonas recursos moito máis grandes do que están a ter

Maior evidencia descoñece situación do minicriadoiro, instalacións estado lamentable, non hai absolutamente nada, o único é que biólogo e asistencia técnica Confraría colgar semente dun pantalán, engorde e regalárllela a unha confraría ou a outra

Dirame se biólogo confraría de O Vicedo ten competencias para ser quen está atendendo instalacións que non estean totalmente abandonadas

Mostra modelo que puxeron en marcha deixaron de lado sen que sirva para nada; nula aposta por sector marisqueiro en Galicia anos vivindo situación preocupante, minicriadoiro o Vicedo exemplo xunto co de Camariñas, mellor exemplo

Dúas instalacións que dixo que non concibidos para surtir de semente, e PNL PP para reactivar produción semente moluscos bivalvos, non saber ou tratar enganar á xente de xeito asombroso

Meridianamente claro non apostar curto prazo reactivar ningunha das instalacións, a día de hoxe único que hai é que capataz Celeiro e asistente biólogo únicas dúas persoas que van a un pantalán a levantar unha corda e sacar a semente; fai moito tempo que non sabe o que fan alí.

Exit mobile version