Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas pregúntanlle á Xunta pola posible venda das factorías de Alcoa

Santiago de Compostela, 27 de maio de 16. O deputado socialista José Ramón Val presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para que a Xunta dea conta na Cámara autonómica da posible venda das factorías de Alcoa de A Mariña e A Coruña. O parlamentario socialista advirte que esta decisión podería poner en risco os máis de 1.500 empregos directos e preto de 600 indirectos.

Val alerta da “situación de importante incertidume” por parte dos traballadores afectados logo das visitas de grupos inversores ás factorías de produción de aluminio primario e de procesamento de bauxita, os dous centros de produción que a empresa mantén actualmente en Galicia, “o que evidencia a clara intención por parte da empresa de desfacerse deles”.

O deputado socialista quere que o goberno galego dea conta das xestións feitas con relación a esta decisión por parte da empresa, así como as medidas tomadas para garantir os postos de traballo.

Ademais reclámalle ao goberno galego “un plan de reindustrialización” con especial incidencia nas localidades afectadas, diante do impacto que podería supor a venda das factorías nas comarcas de A Coruña e A Mariña.

Exit mobile version