Site icon Crónica3.com A Mariña

Óscar Buján vence na VII Carreira Popular Letras Galegas Concello de Vilalba

obujan-1vilalbaO CLUB ATLETISMO LOURENZÁ desprazábase este martes 17 de maio a VILALBA para participar na VII Carreira Popular das “Letras Galegas” nun día axfixiante de calor que logrou reunir a coñecidas caras do atletismo provincial entre os seus 400 participantes nas distintas categorías.

Óscar Buján, do club laurentino, entraba primeiro da xeral na meta tras os 8 km de percorrido cun espléndido tempo de 26 minutos e 22 segundos, por diante de Esteban Iglesia e Jesús Rego.

O segundo podio para o club chegaba de mans de MARISA ARES que entraba na meta primeira da súa categoría (+37) e oitava da xeral feminina. Marisa compartía o primeiro chanzo do podio con outro coñecido do runnig: JOSE BARREIRO ARIAS.

MARCOS RODRIGUEZ cun tempo de 29,32 rozaba o podio da súa categoría ao quedar nun quinto lugar e noveno da xeral absoluta.

Exit mobile version