A iniciativa, que conta ademais coa colaboración da Deputación de Lugo e o IES Monte Castelo, está destinada a alumnado e titulados/as do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas do centro burelao, monitores deportivos e demais profesionais relacionados co deporte, así como a todo o público interesado.
En 2015, as xornadas trouxeron á Mariña surf, coa campioa de Europa Estitxu Estremo; fútbol gaélico, cos subcampións do mundo coa Selección Galega Alberto Méndez e Martín Fernández; fútbol, co técnico do RC Deportivo B e director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera; e rally, co piloto Pedro Burgo.
Xoves 19 de maio
“Estudos e Deporte de Elite”
IES Monte Castelo (Aula de Usos Múltiples), ás 17:00 h.
D. Cristóbal Rodríguez Fidalgo (Pentatleta membro do equipo nacional español)
Xoves 26 de maio
“Preparación dun corredor afeccionado”
IES Monte Castelo (Aula de Usos Múltiples), ás 17:00 h.
D. Simón González Río (Atleta corredor de maratóns)
Xoves 2 de xuño
“A Pesca como Deporte de Elite”
IES Monte Castelo (Aula de Usos Múltiples), ás 17:00 h.
D. David Arcay Fernández (Bicampión do mundo de pesca a mosca)