Site icon Crónica3.com A Mariña

Preguntas do PP de Viveiro de cara ó próximo pleno ordinario de xuño

Viveiro, 24 de maio de 2016.- Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.

1º ) Sabido é o interese do noso grupo municipal polo estado dos inmobles en mal estado, incluso temos solicitado noutras ocasións o seguimento sobre o estado dalgúns inmobles que forman parte do espacio urbán como o casco histórico da nosa cidade, asi como sobre o estado dalgunhas vivendas da rúa Suasbarras dos nº 41- 43 e 45 este último edificio o antiguo hotel Cociña en Covas, vivendas que presentan un mal estado, o que preocupa os veciños xa que están á carón da beirarrúa e da estrada.

Por estas razóns lle PREGUNTAMOS á Sra Alcaldesa:

-Estase a facer un un seguimento por parte dos técnicos da oficina de rehabilitación do Casco Histórico , sobre o estado dos inmobles do espacio urbán , asi como os citados da parroquia de Covas e incluso da parroquia de Celeiro que presentan un mal estado?
-Cantos inmobles do espacio urbán consideran os técnicos municipais que están en malas condicións?
Nestes casos comunicouselles os seus donos a obligatoriedade de que procedan a súa reparación?

2º) No Templete situado nos xardíns Noriega Varela da nosa cidade, a súa parte de abaixo era xestionada pola Rede Galega de Kioscos para venta de prensa , revistas etc. A día de hoxe encontrase cerrada ó público desde finais do ano pasado, e o mesmo ocurre cos servicios públicos. Por este motivo lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:

-En que situación se encontra o Concello cos antiguos arrendatarios deste local do templete despois de meses cerrado e sin actividade?
-Teñen pensado abrir ditos servicios públicos no período estival?
-En caso afirmativo en que meses e con que horario?

Exit mobile version