Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación do 3ª Campus mixto de Fútbol Sala e Fútbol de Base en Cangas del Narcea

presentacion-campuscangas1625 de maio de 2016.- Por terceiro ano consecutivo, Cangas del Narcea renderase ao fútbol sala e fútbol dos máis pequenos no mes de xullo, entre os días 25 e 30. Así o deron a coñecer esta mañá no consistorio o alcalde, José Víctor Rodríguez Fernández, e o presidente de SD Narcea, José Alberto Andreolotti, na presentación do 3ª Campus mixto de Fútbol sala e Fútbol Basee; o acto tamén contou coa presenza do concelleiro de Deportes, Sergio Boto Rodríguez, o encargado municipal de Deportes, José Antonio Menéndez, e o coordinador do campus, o director deportivo do CD Burela FS Pescados Rubén, Juanma Marrube.

O clínic de Cangas del Narcea volve ofrecer unha ampla e variada axenda destinada ás categorías entre benjamín e xuvenil (6-17 anos). O alumnado poderá practicar e perfeccionarse no fútbol sala e o fútbol, coa axuda de adestradores de Primeira División; os nenos/as compartirán esférico e pista con algunhas das referencias da máxima categoría do futsal en España pero tamén descubrirán moitas das experiencias e anécdotas destes profesionais. Divertidas xornadas con actividades lúdico-recreativas, outros deportes, talleres e excursións completarán a oferta de Cangas para a última semana de xullo 

A cita volverá estar incluída na Xira 2016 da Fundación Imdecum, recoñecida como Fundación de Interese Galego pola Xunta de Galicia. Colaboracións con campus de base como o Mixto Internacional Burela FS Pescados Rubén desde 2010, o Máis que Fútbol de Burela ou o da Fonsagada, ademais da organización de citas de referencia deportiva dentro e fóra de Galicia, como o Torneo de Fútbol sala Base Memorial Heroes do Orzán, son só algunhas das referencias do traballo de Imdecum neste ámbito.

Matrícula aberta
Todos aqueles/as mozos/as de entre 6 e 17 anos que queiran gozar do deporte cos mellores especialistas nacionais e internacionais na materia xa poden reservar a súa praza ata o mércores 20 de xullo (prazas limitadas). A folla de matrícula estará a disposición das persoas interesadas no Concello de Cangas del Narcea e na sede de Imdecum en Burela (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, Burela). A través do correo campusmixtofutbolsala@gmail.com tamén se ofrecerá toda a información solicitada, así como o formulario de inscrición.

Tarifas. O prezo da matrícula será de 180€ ou 340€ con media pensión ou pensión completa, respectivamente. As familias que apunten a máis dun nen@ terá un 20% de desconto a partir da segunda matrícula e o alumnado da SD Narcea, ED Burela FS e AFD Porto de Burela terá un 10%.

Consolidación da cita
O Campus de Cangas del Narcea consolídase xa como unha referencia no axenda estival asturiana. A localidade estreou o clínic en 2014 con gran acollida, un total de 35 alumnos gozaron das actividades coordinadas por Juanma Marrube con visitas de prestixio como o porteiro do Uruguai Tenerife Iago Barro, os capitáns do CD Burela FS Pescados Rubén, Iago Míguez e Edu, o xogador viveirense Christian Chao ou os técnicos Pablo Prieto, da o-Wahda de Abu Dahbi, Diego Ríos, de O Parrulo FS. En 2015, 50 pequenas promesas compartiron deporte e convivencia; o Centro de Interpretación de Muniellos e o Prao del Molín foron algunhas das xoias naturais das que se deleitou o alumnado.

Exit mobile version