Site icon Crónica3.com A Mariña

Realizado o sorteo da campaña do Día da Nai do Centro Histórico de Viveiro

20160502_165833Viveiro, 2 de maio de 2016.- Ás 16:30 horas deste luns, a Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro realizou o sorteo da Campaña do Día da Nai, cuxo premio era un fabuloso Diamante que recaeu en María Carballal, veciña de Viveiro, e foi un ticket de compra de Paquetería Mónika o que lle deu a sorte nesta ocasión. A gañadora amosábase entusiasmada no momento que lle comunicóuselle que ela era a premiada. Procederase á entrega do premio este xoves 5 de maio ás 17 horas nas oficinas da Asociación.

A Xunta Directiva móstrase moi satisfeita co resultado obtido nesta campaña, xa que foron numerosas as persoas que se achegaron o sábado á carpa instalada na Praza Maior a depositar os seus tickets de compra… o número de tickets recolleitos nesta ocasión foi moito máis do esperado, superou expectativas, ben cabe dicir que o premio era un gran reclamo.

Exit mobile version