Site icon Crónica3.com A Mariña

Rogos e preguntas de “Foz, Plataforma de Futuro” no último pleno

Foz, 5 de maio de 2016.- Neste pasado pleno do Concello de Foz do 28 de Abril,“Foz,Plataforma de Futuro” presentou tres rogos ó alcalde e o seu equipo de Goberno para a súa realización no menor tempo posible.

O primeiro rogo consistía en pedirlle ó Alcalde e ó seu equipo de Goberno que procedan a colocar unha sinal de estrada sen saída, na estrada que vai á EDAR de Fazouro xa que son numerosos os vehículos e autocarabanas que se meten para acceder á zoa da Pampillosa,e tópanse coa estrada sen saída e con dificultades despois para proceder a xirar, e máis agora, pensando na temporada estival.

O segundo rogo consistía en pedirlle ó Alcalde e o seu equipo de Goberno que procedan a tomar as medidas pertinentes con dúas vivendas existentes co Casco urbano, con perigo de caída dalgunha das súas partes por encontrarse en estado perigoso de derrube.

E o terceiro rogo solicitámoslle ó Alcalde e ó seu equipo de goberno procedan a reparar as deficiencias existentes no Centro Social.

Neste Pleno tamén “Foz,Plataforma de Futuro” realizou tres preguntas:

-Preguntamos si se fixo algunha xestión por parte do Concello para solucionar os danos que ocasionaron os temporais na praia da Arealonga, e sobre todo na zoa de contra Fazouro, xa que é imposible acceder á praia a día de hoxe.

Resposta:si, xa estiveron os técnicos de costas durante estes últimos días alí comprobando todos estes danos.

– Fai certo tempo, concretamente na lexislatura pasada, aprobouse unha moción, para repoñer os paneis informativos que había nas zoas das praias. Queríamos saber si se van a colocar para este verán.

Resposta:Eses paneis están feitos e están a espera de chegar un acordo con costas para poder colocalos.

-No Pleno do mes de Novembro, esta corporación aprobaba unha moción de FPF, para solicitar ter no noso Concello un C.I.M (Centro de Información á Muller), naquel pleno tanto a portavoz do BNG, como o propio Alcalde se nos dixo ”que Foz está adscrito ó C.I.M de Burela”. Preguntamos si se nos pode confirmar esa información.

Resposta: Sí, estamos adscritos a Burela e mais Mondoñedo.

Exit mobile version