Site icon Crónica3.com A Mariña

Salto do Coro encara o seu segundo fin de semana de partidos de Copa

DSC_05882 de maio de 2016.- A Asociación Deportiva Salto do Coro encara o seu segundo fin de semana de partidos de Copa na competición da Terra Cha. Así, despois da vitoria o pasado xoves dos benxamíns contra Outeiro de Rei, os benxamíns irán a Begonte a buscar a súa segunda vitoria; no caso dos cadetes, que tamén irán a Begonte, tentarán buscar a súa primeira vitoria.

Os pre-benxamíns que irán a Meira buscan a súa segunda vitoria contra o equipo desta localidade, sendo a segunda vez que se enfrontan, xa que a primeira foi polo título de liga pre-benxamín en semifinais; e os alevíns a súa primeira vitoria contra o equipo da localidade.

Exit mobile version