Site icon Crónica3.com A Mariña

Seminario sobre educación para o desenvolvemento en Pontevedra

educacion-desenvovlementoA concelleira de Inmigración e Cooperación, Angélica Gómez, asistiu este martes en Pontevedra ao Seminario Internacional “Intercambios en metodoloxías e materiais de educación para o desenvolvemento”. Nesta xornada déronse cita representantes de máis de vinte concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entre os que se atopa o de Burela. E tamén participaron entidades de Portugal, Alemaña e Holanda. Angélica Gómez e María Ortega, concelleiras en Burela e Moaña, exemplificaron as boas prácticas dos municipios galegos en educación para a cidadanía global, e rematon solidarizándose coas persoas refuxiadas.

Exit mobile version