Site icon Crónica3.com A Mariña

Taller educativo de Acisa Ribadeo para nenos e nenas

IMG_20160521_122501Ribadeo, 22 de maio de 2016.- As inmediacións da antiga oficina de turismo de Ribadeo acolleron este sábado un taller educativo para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, dentro da campaña “Compra ao grande no pequeno comercio”, de Acisa. Unha trintena de pícar@s acudiron a esta cita, e puideron comprobar entre xogos e probas a importancia que ten comprar no comercio local e os beneficios que iso lle xenera ao pobo. Os cativos e cativas tiveron que ir facéndose nos últimos días cos seus ripenses (billetes que conseguiron nos locais asociados a Acisa) para despois participar no Ribadeopolis, o xogo co que se achegaron ao comercio local. Acisa agradece a súa presenza aos nenos e nenas que gozaron deste taller educativo, que foi impartido por MauMarela.

Exit mobile version