Site icon Crónica3.com A Mariña

Terras de Lourenzá en Somiedo

somiedoCase unha trintena de membros da Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá realizaron unha fin de semana de camiñatas, por Asturias, concretamente en Somiedo. O sábado, 28, realizaron a “Ruta de La Peral-Villar de Vildas” (PR.AS-14); foi unha andaina cunha distancia de 13kms e dificultade media-alta, onde puideron desfrutar das paisaxes nevadas dos cumes, e lidiar cunha meteoroloxía que non foi do máis propicia, xa que a chuvia acompañou a mañá, a pesares do cal, a experiencia foi positiva nun entorno natural espectacular. Na xornada do domingo, 29, a camiñata escollida foi a “Ruta subida ó Monte del Rozo”, percorrido duns 6kms e dificultade baixa, que supuxo a posibilidade de ver o pobo de Valle de Lago (onde se aloxaban ese par de días), dende unha perspectiva diferente. Antes do regreso a Lourenzá,o domingo pola tarde, fixeron unha parada en Pola, a capitalidade do Concello.

Exit mobile version