Site icon Crónica3.com A Mariña

Títeres Cachirulo presenta “Xeado de Lúa” en Burela

cachiruloO vindeiro sábado, 21 de maio, ás 17.30 horas no auditorio da Casa da Cultura de Burela, terá lugar a representación da obra “Xeado de Lúa” a cargo da Cía. Títeres Cachirulo.

A Cía. Cachirulo, creada en 1985, caracterízase por unha rica produción de espectáculos que combina textos clásicos con autorías propias dunha gran variedade técnica: marionetas de fío, luva chinesa, bunraku, monicreque, sombras, obxectos e teatro de rúa.

Máis de trinta montaxes que percorreron os escenarios de numerosas programacións e festivais internacionais de Europa e América obtendo importantes premios.

“Xeado de Lúa”… Unha noite de verán un pastor noviño entrou no bosque buscando unha ovella que se lle perdera. Andaba veña dar voltas e voltas e de súpeto decatouse que estaba el tamén perdido. Como non atopaba o camiño para saír do bosque acomodouse xunto ao tronco dunha árbore ven grande.

As cousas que logo sucederon no sabería dicilas con certeza , se foron vividas ou soñadas…

Ficha
-Dirección:Jorge Rey
-Público: Infantil a partir de 2 anos.
-Prezo: 2.5 euros.
-Patrocina: Rede de Teatros e Auditorios, AGADICS, Xunta de Galicia (Consellería de Cultura ).

Exit mobile version