Site icon Crónica3.com A Mariña

Tres atletas do C.D. Egovarros-Viveiro participaron coa Selección Española, este fin de semana, no Campionato de Europa de 10 km en ruta de Veteranos

IMG-20160524-WA0007Viveiro, 24 de maio de 2016.- O pasado fin de semana celebrouse na localidade portuguesa de Vila Real de Santo António, o Campionato de Europa de 10 km en ruta de veteranos cunha masiva participación de atletas de todos os paises europeos, a proba transcurriu por un circuíto totalmente chan, cunha alta temperatura o que perxudicou á maioría dos atletas que tiveron que facer un sobre esforzo para rematar a proba.

Os 3 atletas do Egovarros-Viveiro que competiron coa selección española, fixeron un bo campeonato. Na categoría M75, a proba estivo dominada por dous atletas alemáns dende o principio ó fin acaparando a medalla de ouro e de prata, Antonio Cabana o representante do Egovarros fíxose coa quinta posición, sendo o segundo español en cruzar a línea de meta. Na categoría de M45, Marcelo Vasquez ocupou a décimo terceira posición, sendo o posto 70 na clasificación xeral e o seu compañeiro Jose Ángel López, na categoría de M40 acadou o posto 18 e o 37 da clasificación xeral.

As próximas probas que teñen os atletas do Egovarros-Viveiro dentro do calendario da federación galega son: o Campeonato de Carreiras de Montaña que se celebrará en Ourense e o Campeonato de Pista ó Aire Libre que se celebrará en Vilagarcía de Arousa.

Exit mobile version