Site icon Crónica3.com A Mariña

Vista Alegre acolle a final provincial cadete

O pavillón Vista Alegre acollerá a fase final provincial este domingo, co Burela FS Cadete B como anfitrión, dende as 17.00 horas.

O conxunto de Christian Fustes medirase en semifinais ao Lumieira como apertura da cita. O outro candidato ao título provincial decidirase ás 18.00 horas entre Concello de Guitiriz e Os Meigallos-Sarria. A final está prevista para as 19.30 horas.

Exit mobile version