Site icon Crónica3.com A Mariña

“Viveiro de poemas” de Manuel María

O colectivo viveirense PENSAMENTO E SEMENTEIRA organiza o recital “Viveiro de poemas” protagonizado por unha ducia de veciñas e veciños que recitarán poemas de Manuel María Fernández Teixeiro. No acto, que dará comezo ás 20.30 horas do xoves 5 de maio no salón do Conservatorio Profesional de Música, tamén participará o Coro do Conservatorio dirixido por Antonio Álvarez Neira, proxectaranse vídeos e David Catá fará a estrea da peza “Sete pétalos de rosa” acompañado do profesor J. Cabalar.

Exit mobile version