Site icon Crónica3.com A Mariña

Xoel García Neira, do Club Kayak de Foz, campión de España cadete B 1000 metros

Tras gañar a súa semifinal, Xoel García Neira plantábase na final do campionato de España cadete B 1000 metros coas ideas moi claras: facerse cunha das medallas en xogo. O obxectivo estaba claro, pero os seus rivais non llo ían a poñer nada fácil. Entre estes estaba o seu compañeiro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, Gabriel Pachón.

A composición da liña de saída era a seguinte:

1.- Gabriel Martínez Pachón, do Riberas del Tambre
2.- Josep Dols, do Andraitx
3.- Abel García, do CP Sirio-Los Sauces
4.- Pau Hierro Bayón, do CM Mahón
5.- Xoel García, do Kayak de Foz
6.- Joan Gual, do RCN Palma
7.- José Antonio Rebollo, do Círculo Mercantil de Sevilla
8.- Diego Infiesta, do RGC Covadonga
9.- Alejandro Moreno, do CP Aranjuez

Tras case catro intensos minutos, a alegría na expedición focense do Kayak desbordábase ao ver como Xoel cruzaba a liña de meta como vencedor da proba distanciando en case dous segundos ao seu inmediato perseguidor, Joan Gual, do RCN Palma.

Os resultados finais foron os seguintes:

1.- Xoel García, do Kayak de Foz, 3:46.958
2.- Joan Gual, do RCN Palma, +1.257
3.- Pau Hierro Bayón, do CM Mahón, +6.937
4.- Diego Infiesta, do RGC Covadonga, +9.172
5.- Josep Dols, do Andraitx, +10.260
6.- José Antonio Rebollo, do Círculo Mercantil de Sevilla, +11.035
7.- Gabriel Martínez Pachón, do Riberas del Tambre, +12.992
8.- Abel García, do CP Sirio-Los Sauces, +13.050
9.- Alejandro Moreno, do CP Aranjuez, +16.004

Exit mobile version