Site icon Crónica3.com A Mariña

Xosé Constenla achega ‘Virada por Avante’ a Ribadeo e Mondoñedo neste mes de maio

SANTIAGO DE COMPOSTELA. 4 de maio de 2016.- O músico compostelán Xosé Constenla inicia unha xira de primavera que o levará ao longo do mes de maio a oito concellos galegos.

Virada por Avante é o cuarto disco do músico compostelán, integrado por once temas con grande influencia de folk rock americano e tamén da corrente iberoamericana de canción de autor.

É o álbum máis maduro, persoal e sofisticado de Constenla, que contou coa participación de Fredi Marugán, produtor e arranxista de recoñecido prestixio que como guitarrista ten acompañado a artistas como Serrat, Miguel Ríos, Luz Casal ou Ismael Serrano, entre moitos outros. Tamén colaboraron neste traballo artistas e técnicos tan recoñecidos como Javier Bergia e Óscar Herrador (Stateroom Studios).

A Mariña
14 de maio: Ribadeo. O concerto terá formato de cuarteto e o acceso ao mesmo será de Balde. O acto está organizado polo Concello de Ribadeo, con motivo das Letras Galegas 2016. A presentación de Virada por Avante nesta localidade será no Cine Teatro de Ribadeo.

21 de maio: Mondoñedo. Constenla presentará en ‘A Casa das Mañas’ o disco Virada por Avante, dentro da programación organizada con motivo das Letras Galegas 2016. A actuación será pola tarde e a entrada é de 15 euros, que inclúen petiscos e bebidas.

Exit mobile version