Site icon Crónica3.com A Mariña

Xosé Ferreiro visita os ensaios do proxecto Lingua Viva, que están a preparar “unha particular e diferente homenaxe” a Manuel María

ferreiro-museo-obradoiroLugo, 14 de maio do2016. O Delegado de Cultura da Deputación de Lugo, o nacionalista Xosé Ferreiro, visitou este sábado os ensaios do proxecto Lingua Viva, no Museo de Lugo.

Lingua Viva é un proxecto da Área de Cultura da Deputación de Lugo, consistente en obradoiros de danza e teatro. Esta é xa a terceira edición do programa, que este ano ten como fío condutor a vida e a obra do escritor chairego, Manuel María, homenaxeado nas Letras Galegas 2016.

Os obradoiros realizáronse durante os meses de abril e maio, impartidos por Paloma Lugilde, coordinadora de Lingua Viva e directora do grupo lucense Palimoco Teatro, na parte de teatro e danza contemporánea, e por Xabier Iglesias, na parte de danza tradicional.

Con máis de 80 persoas en escena, o vindeiro 17 de maio a partir das 20:30 horas por diferentes rúas de Lugo, porán en escea “Seremos o que o pobo queira ser”, a peza xurdida dos obradoiros e para cuxa elaboración se empergaron textos de Manuel María. Será, como expresou Xosé Ferreiro, “unha particular e diferente homenaxe ao noso poeta nacional” dixo.

Exit mobile version