Site icon Crónica3.com A Mariña

100% de aprobados na PAU para o IES Vilar Ponte de Viveiro

O IES Vilar Ponte de Viveiro comprácese en comunicar o 100% de aprobados dos alumnos de 2º Bacharelato presentados na PAU nesta convocatoria de xuño.

Oito dos nosos alumnos acadaron unha nota media superior ao 8 entre o bacharelato e a selectividade, e tres deles vanse presentar aos Premios Extraordinarios de Bacharelato convocados polo Servizo de Avaliación e Calidade Educativa do Sistema Educativo da Consellería de Educación.

O Claustro de profesores felicítaos por estes excelentes resultados e anímaos “a seguir con esforzo e ilusión os estudos universitarios escollidos como primeira opción, desexándolles unha nova etapa educativa inzada de éxitos”.

Exit mobile version