Burela, 14 de xuño de 2016.- Se ti queres tamén podes formar parte da Fundación Imdecum colaborando como voluntario no V Torneo de Fútbol Sala Base “Memorial Heroes do Orzán 2016” (29 de xuño-3 de xullo, A Mariña-A Coruña).
Voluntarios Memorial Heroes do Orzán é un proxecto da Fundación Imdecum que nace nesta quinta edición co fin de abrir a participación cidadá a este evento deportivo, que ten como finalidade principal recoñecer os valores dos homenaxeados, os tres policías falecidos nun rescate no Orzán en 2012, Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López e José Antonio Villamor Vázquez.
Calquera persoa que o desexe pode optar a ser voluntario, o único requisito é cubrir o formulario de inscrición (www.imdecum.com) e envialo á seguinte dirección, contacto@imdecum.com. O prazo de inscrición estará aberto ata o domingo 26 de xuño.
Padriño de luxo
Imdecum presentará este mércores todas as novidades do Memorial cun invitado de luxo. O seleccionador nacional de fútbol sala, José Venancio López Hierro, apadriñará o acto no Palacio Provincial da Coruña, ás 11.30 horas, coa presenza do deputado de Deportes e Mocidade, José García Liñares, o presidente da Fundación, Marcelino Lúa Almarza, e familiares dos policías homenaxeados, así como a xogadora coruñesa Dolores Sánchez García, representantes das empresas e municipios colaboradores e do diario oficial, DXT Campeón.
Toda a información en contacto@imdecum.com // 982 888 610 // 670321857