Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación cultural “Os Matos”, do IES Perdouro de Burela, presentou o nº 22 da publicación “Maruxía”

IMG_3767Burela, 22 de xuño de 2016.- Para clausurar o curso, na mañá desate mércores tivo lugar na biblioteca do IES Perdouro a Festa das palabras e das letras, o acto anual de presentación da revista escolar “Maruxía” da Asociación Cultural Os Matos. Asistiron ao acto Santiago Pérez Docobo, director do centro educativo; Antón Niñe, Presidente da A.C. Os Matos e Miruca Parga, coordinadora do EDLG.

Antón Niñe, presente da AC Os Matos, abriu o acto con sentimento de ledicia explicando aos asistentes que “a presentación dun novo exemplar da nosa revista é o momento moi esperado pola satisfacción que nos produce e porque sabemos que nos mantemos fieis no obxetivo iniciado hai máis de dúas décadas, ser un medio de expresión da comunidade educativa do IES Perdouro. ” Un ano máis, os principais responsables da elaboración dos contidos da revista foron alumnos de ESO, de bacharelato e docentes do centro. Na lectura das súas páxinas poderemos darnos conta do latexar da vida do instituto cunha variedade de artigos e entrevistas que nos informa do acontecer do curso que agora termina. Pola súa banda, Miruca Parga explicou como traballou co seu alumnado de 1º de bacharelato de Tecnoloxía da Información e da Comunicación para a redacción e maquetación da revista que se publica anualmente no centro dende fai 22 anos. A publicación que recolle unha mostra das actividades e traballos realizados no centro durante o curso académico, está editada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e pola Asociación Cultural “Os Matos”.

Exit mobile version