Tódolos participantes nesta festa, unhas 50 persoas, poderán saltar a fogueira, e queimar os seus desexos no lume desta, tal como marca a tradición. Todo amenizado con música, xogos populares e degustación de pratos típicos desta festa.
Din desde a Asociación: “Estamos convencidos, dende o punto de vista profesional, que esta actividade redunda na melloría terapéutica dos nosos usuarios xa que participan activamente, e integranse nas tradicións de toda a comunidade, ademais que a cohexión de grupo é cada vez maior, o que redunda nun sentimento de pertenza a un grupo de apoio.
Aproveitando a ocasión, e loitando contra o estigma social, gustaríame facer mención a que as persoas diagnosticadas de enfermidade mental, con un tratamento axeitado e cos apoios necesarios, ousexa, un tratamento integral, poden recuperar as súas habilidades sociais e reintegrarse plenamente na sociedade. Polo tanto, dende a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña, seguimos a loitar polos dereitos das persoas diagnosticadas de enfermidade mental crónica , ademáis de por mellorar a calidade de vida de todas elas e das súas famílias.”