Site icon Crónica3.com A Mariña

A candidata do BNG-Nós queimou na fogueira “os símbolos do imperialismo que negan aos pobos”

olalla-fogueiraLugo, 23 de xuño de 2016. – A candidata por Lugo ao congreso de BNG-NÓS, Olalla Rodil, participou esta mañá nun acto simbólico, no día das fogueiras, no que se queimaron “os símbolos do imperialismo que negan aos pobos”. Olalla Rodil sinalou que o BNG – Nós Candidatura Galega aposta por combater as políticas conducentes a eliminar a identidade dos pobos e a impoñer a economía das grandes transnacionais sobre as economías locais.

Rodil explicou efectivizamos a queima das siglas da OTAN e do TTIP por que “son o símbolo das imposicións imperialistas que van contra as persoas como é o caso que estamos a ver das persoas refuxiadas. Rodil sinalou que “dende o BNG sempre combatemos o imperialismo e a nosa presenza nas insititucións do estado servirá para apoiar as políticas que nos afasten do sometemento ao que se nos aboca”.

A candidata por Lugo ao congreso sinalou que “nós apostamos pola relación pacifica entre pobos libres e somos consecuentes co que dicimos e cos nosos platexamentos á hora da conformacións das listas electorais e da elaboración dos nosos programas”.

Olalla Rodil tamén se manifestou contraria aos tratados do TTIP que pretenden asinar a comisión europea e os EEUU “un tratado que se está a negociar con total escurantismo e que, se ser efectivizado, afectará gravemente aos nosos sectores produtivos” dixo Rodil e engadiu que “defendemos relacións comerciais entre iguais e respetando sempre a soberanía dos pobos”.

Exit mobile version