Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación de Lugo iniciará ao longo do verán obras de mantemento nas estradas municipais de Alfoz

Argelio Fernández Queipo, responsable da Área de Xestión Territorial da Deputación de Lugo, desprazouse a Alfoz para observar de primeira man as necesidades existentes nas estradas de titularidade provincial existentes no municipio. Argelio Fernández e Jorge Val visitaron diferentes puntos do concello para comprobar aquelas obras que necesitan prioridade no seu mantemento, como a LU- P- 0204 de acceso á parroquia do Pereiro, entre outras, ademais da limpeza de cunetas e desbroces, moi importantes nesta época, por ser un perigo, non so para o tráfico, senón tamén para a propagación de incendios. Entre as actuacións previstas tamén están dúas vellas aspiracións municipais, relativas á mellora da sinalización nas zonas da escola infantil de Carballido e do entorno no centro de saúde, lugares onde se tomarán medidas para a un maior control da velocidade.

Con estas actuacións preténdese dar resposta ás reivindicacións do goberno municipal de Alfoz en canto ao retraso na execución destas actuacións, debido, en gran medida á actual situación de bloqueo que se está vivindo na Deputación, xa que, “coa falta de aprobación dos presupostos, estase impedindo que certas inversións cheguen ao noso concello, como as que podían incluír a reparación destas estradas” tal e como apunta Val.

Exit mobile version