Xuntarémonos diante da escola de Piornedo ás 11h para iniciar esta ruta vista guiada pola montaña:
RUTA DA MOURA: PIORNEDO-CHAO DAS PENAS-PIORNEDO
O percorrido vai dende Piornedo a Campa do Chao das Penas en Agulleiro, a dificultade é baixa-media non pola inclinación do camiños senón porque son sendeiros pequenos que van polo medio do monte e teñen pedras e son bastante irregulares.
Para chegar ata a campa temos que pasar polo val da Veiga Cimeira, un val glaciar que no momento de máximo empuxe chegou a medir 6 km e 200 metros de espesor.
No transcurso da ruta (ruta etnográfica) vamos ir contando usos do monte, contos, costumes da zona, lendas… Polo camiño vamos ir vendo tamén plantas mediciñais e os difentes usos na zona.
Teremos unha comida no campo e pola tarde gozaremos de xogos tradicionais grazas á Palloza Museo Casa do Sesto.
Os participantes só terán que achegarse a Piornedo ás 11h e levar a súa comida.
Máis información no correo electrónico fapacel@hotmail.com ou no teléfono 609 98 38 76
Esta actividade é tamén a posta en marcha do proxecto “Coñecemos o que somos” que a FAPACEL desenvolverá ao longo deste ano e do que xa vos iremos informando polo miúdo.