Os encargados de sacar os nomes de todos os premiados e premiadas da furna da Festa Vintage foron Juanry e Elena. O presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo, entregou os premios aos gañadores/as. En total repartíronse 7 vales de 100 euros cada un, 1 vale de 300 euros e os bonos para o festival do vindeiro mes de agosto.
O sorteo foi conducido por Anxo Rivas, de Radio Foz, e estivo amenizado por Arsenal Móvil.
A Festa Vintage estivo concorrida en Foz, houbo descontos no comercio, ademais do sorteo de regalos, celebrado a última hora da tarde, e actividades para @s nen@s. A Mariña Central foi a protagonista da cita gastronómica da fin de semana. O sábado tamén foi animado pola concentración de coches clásicos, que percorreu as rúas da vila e que se puideron ver aparcados na Avenida da Mariña e tamén na praia da Rapadoira para deleite de focenses e visitantes.