Un total de 10 equipos participaron esta tempada en Prebenxamín 1: ACD Xove, AD Praia de Covas, AD Santiago de Foz, ED Burela FS, CFS Cidade de Viveiro, Escolas Celeiro Xove FS, ED Barreiros, EDM Cervo, Castrelo FS e Maderas Barcia Lourenzá FS.
AD Santiago de Foz, en Prebenxamín 2
O AD Santiago de Foz impúxose en Prebenxamín 2. Despois de 18 xornadas, o goal average outorgoulles o ouro aos focegos, que remataron a competición empatados a 21 puntos con Maderas Barcia Lourenzá con 7 vitorias e 1 derrota.